Es propietario dunha vivenda vacacional??
Welcome Vivendas Vacacionais é unha alianza entre o grupo hostaleiro VIROMA e H4 SOLUCIONES
Grazas a esta alianza cubrimos todas as necesidades de xestión dunha vivenda de vacacións.
Se tes unha segunda vivenda e queres empezar a rendibilizala, somos a túa mellor opción.
Nun mercado turístico en continua evolución, no que as reservas vacacionais realízanse maioritariamente a través das plataformas Online, dar a visibilidade adecuada á túa vivenda e optimizar os teus ingresos é unha tarefa para profesionais.
Sen custos fixos
Apostamos pola túa vivenda e só aplicamos un custo variable sobre os ingresos.
Delega en nós a xestión da túa vivenda vacacional e goza dos teus novos ingresos.
Benvido!
Xestión comercial
Se podes ocuparche das cuestións operativas como a limpeza, a lavandería e a recepción dos hóspedes, este servizo axudarache con toda a xestión comercial e de reservas.Por un custo reducido e sempre variable en función dos ingresos, encargámonos de:
- Xestionar o rexistro turístico da túa vivenda.
- Configurala para a súa presenza no mercado Online,
- Optimizar a súa dispoñibilidade, prezos e condicións de reserva.
- Atender e xestionar todas as solicitudes e reservas.
- Manter a comunicación co hóspede ata a súa chegada.
- Rexistrar aos todos os hóspedes en Hospederías da Garda Civil.
- Vixiar e xestionar a «Reputación Online» da vivenda.
Xestión integral
Se no teu caso non podes ou non queres ocuparche de ningunha tarefa, a xestión integral é o servizo de que necesitas. Ademais de todo o referente á introdución da vivenda no mercado, a xestión comericial e a xestión do proceso de reserva ata a chegada, encargámonos tamén de::
- Recibir aos teus hóspedes de forma presencial.
- Estar á súa disposición as 24 horas a través do teléfono.
- Xestionar as incidencias que poidan xurdir.
- Coordinar o servizo de limpeza e lavandería.
- Achegar a roupa de fogar que necesitas para cada estancia.
- Achegar todos os produtos de acollida.
Introdución da túa vivenda no mercado electrónico
E se o que queres é ocuparche ti da xestión, pero non sabes por onde empezar, tamén podemos axudarche a través do noso servizo de consultoría H4soluciones.Deixarémolo todo listo para que empezos a xestionar as túas reservas.
- Xestionaremos o seu rexistro turístico.
- Realizaremos unha auditoría do teu mercado obxectivo.
- Desenvolveremos a ficha técnica, os prezos e condicións de reserva.
- Configuraremos o perfil da vivenda nas canles de alugueiro Online.
- Ofrecerémosche unha sesión formativa para orientarche na xestión.