Estratexia, Marketing e Comunicación
A distribución, o comercio electrónico e o márketing dixital son xa unha prioridade para calquera empresa
Nun mercado global cada vez máis dixital, necesitas profesionais que coñezan ben as canles de distribución e promoción do teu negocio para chegar ao cliente final.
En H4soluciones desenvolvemos e xestionamos plans comerciais integrais que abarcan toda a estratexia de Marketing Mix: PRODUTO, PREZO, DISTRIBUCIÓN e PROMOCIÓN.
Auditoría do negocio e seu mercado
Saber cal é o teu mercado obxectivo, a túa competencia e o seu comportamento para comparalos cos teus indicadores, é fundamental para poder trazar unha estratexia comercial eficaz.
H4soluciones realiza unha completa análise do establecemento e o seu mercado para ofrecer un diagnóstico baseado en datos obxectivos.
Plan anual de márketing
Determinar cales son os teus obxectivos económicos anuais e establecer a túa estratexia e o plan de acción comercial, son a clave para que o teu negocio evolucione.
Deseñamos Plans de Marketing que inclúen o desenvolvemento de prezos e servizos así como o plan comercial con calendario de accións e custos asociados.
Xestión comercial continua
Se necesitas delegar a xestión comercial do teu negocio, nós convertémonos en parte do teu equipo, adaptándonos ás túas necesidades.
Desenvolvemento de prezos e servizos, xestión de vendas, redes sociais, reputación, promoción, … Seremos o teu departamento comercial en «outsourcing»