Consultoría turística e hostaleira

Especializada no sector turístico e hostaleiro

H4soluciones realiza estudos de viabilidade, aperturas de aloxamentos turísticos,
observatorios turísticos, plans de promoción e asesoramento en calquera área do sector.

Estudos de viabilidade

Contestaremos a todas estas preguntas antes de que te decidas a investir:
Que tipo de aloxamento é máis rendible na túa localización?
Cal será o teu mercado, a túa competencia e o teu público obxectivo?
Con que servizos debes dotalo e a que prezo?
Que custos vas ter que afrontar?
Que potencial de ingresos ten o teu negocio?

INCLÚE:

  • Estudo de mercado
  • Estudo económico con proxección a 10 anos

Servizos de apertura

Entre 9 e 6 meses antes da data de apertura dun aloxamento, é conveniente iniciar as tarefas de xestión necesarias para unha correcta apertura, sen sobresaltos nin contratempos.

Contacta connosco. Deseñaremos un plan de apertura á medida das túas necesidades e acompañarémosche durante todo o proceso. 

Dosier de venda de hoteis

Elaboración dun completo estudo do inmoble cuxo obxectivo será coñecer a situación actual do establecemento e o valor económico do negocio.

INCLÚE:

  • Estudo de mercado
  • Estudo económico do negocio e valoración
  • Dossier comercial para a venda

Observatorio turístico

Un servizo orientado a municipios turísticos, asociacións hostaleiras e agrupacións sectoriais.

A información dáche o poder para tomar decisións sobre a túa estratexia de promoción e H4 achegarache mensualmente todos os datos da evolución do teu destino turístico comparado con outros municipios, a túa comarca, a túa provincia, a túa comunidade autónoma e España.

Plan de promoción turística

Os destinos turísticos deben ter un plan de promoción a medio prazo, unha folla de roteiro con estratexias ben enfocadas e accións concretas que ofrezan un retorno medible.

H4soluciones desenvolve Plans Integrais de Promoción e Marketing Turístico, ofrecendo non só a análise e a planificación senón tamén a xestión do Plan de Promoción, converténdonos en parte do equipo técnico.